24 de febreiro de 2017

COÑECEMOS O ENTROIDO DE XINZO DE LIMIA

Ola rapaces! Como ben sabedes, é tempo de entroido. Unha das cousas polas que é coñecida Ourense e a gran tradición que ten esta festa en varios puntos da provincia. Esta semana adentrámonos no Entroido máis longo de Galicia, nada máis e nada menos que cinco semanas! Trátase do entroido de Xinzo de Limia, se queredes saber todo o que aprendemos botádelle unha ollada a este vídeo:




Ademais, este venres veunos visitar á aula unha pantalla, o traxe típico do entroido limián. Poidemos vela en persoa, tocala e descubrir a orixe e o porqué desta máscara. VIVA O ENTROIDO!



ALUMNA DE LA SEMANA

¡Hola hola chicos! Hoy por la mañana, antes de recibir una visita muy especial y celebrar la fiesta de carnaval, hemos entregado la medalla al alumno de la semana. En esta ocasión, y por segunda vez, se la ha ganado Wissal. ¡¡¡Nuestra compi es un ejemplo a seguir, te lo mereces!!!


180 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Ola rapaces, un día coma hoxe hai 180 anos, nacía unhas das escritoras máis importantes da nosa literatura, Rosalía de Castro. Para conmemorar tal acontecemento, decidimos facer unhas caretas na súa honra. Botádelle unha ollada a todo o que fixemos!

21 de febreiro de 2017

¡LOITAMOS XUNTOS CONTRA O CANCRO!

Ola ola rapaces! Como ben sabedes, este pasado 15 de febrero conmemoramos o día internacional contra o cancro infantil. Aprendemos un pouco sobre esta enfermidade,  en qué consiste, cales son as súas consecuencias, cómo podemos axudar as persoas que a estean a sufrir... Se queredes botarlle un ollo ó que fixemos o pasado mércores facede click AQUÍ.
Unha das moitas maneiras coas que podemos colaborar é doando parte do noso cabelo. Existen numerosas asociacións que se encargan de facer perrucas económicas ou incluso totalmente gratis para persoas con cancro, xa que, como ben sabedes, as mediciñas para curar esta enfermidade fan que se perda o pelo.
Pois ben, esta semana aconteceu algo extraordinario... A mamá da nosa compañeira Wissal, sendo un claro exemplo de solidariedade, decidiu doar parte da súa melena para esta boa causa. ¡MOITÍSIMAS GRAZAS NAJAT, grazas a persoas coma ti o mundo é un lugar mellor!




17 de febreiro de 2017

HAPPY SAINT VALENTINE'S DAY!

This week in English we have learnt about Saint Valentine's Day. Riley has told us the origin of this tradition and we have written a nice Valentine's Card. February 14th is the best moment to tell our family and friends how special they are for us.
We hope you had fun and a Happy Saint Valentine's Day!








ALUMNO DE LA SEMANA

¡Hola chicos! Por fin es viernes y además con este solazo que nos recuerda que pronto llegará la primavera... Como cada semana, el viernes es día de medalla. ¿Quién sería hoy el afortunado? En esta ocasión se la ganado Paolo por mejorar mucho su comportamiento y no parar de esforzarse. ¡Le ha hecho mucha ilusión ya que era su primera medalla y además su lapiz nuevo mola muuucho! ¡TE LO MERECES PAOLO, A SEGUIR ASÍ!
Feliz fin de semana :)
 

15 de febreiro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL

Ola rapaces! Hoxe, 15 de febreiro é o día internacional contra o cancro infantil. Na aula falamos sobre esta enfermidade e fixemos un novo amigo, Nacho, que nos explicou en qué consiste e cómo loitan contra ela, desgraciadamente, moitos nenos. Se queredes saber máis cousas sobre esta enfermidade, podedes entrar na páxina da Asociación Española Contra el Cáncer facendo click AQUÍ. Alí, atoperedes de novo a Nacho, poderedes ler contos e xogar.

Outras das cousas que aprendemos é que os tratamentos para curar esta enfermidade son moi fortes e mesmo poden facer que perdamos o pelo. Para axudar a estes nenos que teñen que pasar estes difíciles momentos existen numerosas organizacións que regalan ou facilitan a compra de perrucas naturais. Na aula visitamos estas dúas páxinas para coñecer o proceso de doazón de cabelo.

http://www.pekelucas.org/

http://www.mechonessolidarios.com/

Debemos tomar conciencia de que o pelo medra e grazas a doazóns desinteresadas podemos devolverlle o sorriso as persoas enfermas de cancro.
Por último, aprendemos que unha cor tan viva coma o amarelo é o símbolo da loita contra o cancro infantil. Así que, decidimos facer visible  a loita de todos os rapaces enfermos de cancro e enviarlles toda a nosa forza e ánimo para seguir adiante.




XUNTOS PODEMOS!