Ola ola rapaces! Durante estas semanas aprendemos as distintas propiedades dos materiais, que é o peso e o volume dun obxecto, como se pode medir...Como ben sabedes, estamos na Semana da Ciencia así que transformámonos en pequenos científicos! Velaquí un dos nosos experimentos:
7 de xuño de 2017
6 de xuño de 2017
SOMOS CIDADÁNS DO MUNDO!
Ola rapaces!! A semana da Ciencia xa comezou e nós non paramos de investigar e aprender novas cousas. Hai un mes, polo día de Europa, falamos sobre os distintos euros dalgúns países europeos. Aprendemos a coñecer o ano de fabricación e o país de orixe de cada moeda simplemente observándoas! Pois ben, durante estas semanas non deixamos de coñecer máis moedas de todas as partes do mundo!
Serxio tróuxonos o libro onde garda todas as moedas que el e o seu pai coleccionan. Moitas grazas!!
Aprendemos un pouco máis sobre Marrocos grazas a Malak e Wissal.
Luis e Nene ensináronnos unhas moedas preciosas de Malasia e Senegal.
Tamén tivemos a sorte de coñecer os Leu de Rumanía e a antiga moeda de Alemaña.
Fernando, David e Paolo faláronnos sobre os pesos de Colombia e os Bolívares de Venezuela. Aprendemos ademais quen era Simón Bolívar!
Coñecemos as libras de Escocia e de Inglaterra. GREAT!
Por último, investigamos sobre os dólares de EEUU e Canadá!
Se é que somos cidadáns do mundo!
5 de xuño de 2017
A III SEMANA DA CIENCIA ACABA DE COMEZAR!
Ola ola rapaces! A III edición da Semana da Ciencia acaba de comezar! Uns días cheos de actividades diversas como obradoiros, olimpiadas, experimentos científicos... Podedes consultar o programa AQUÍ.
Nós dámoslle a benvida cun mural que podedes ver na entrada do cole xunto con moitos outros traballos dos nosos compis. Nel fixemos un pequeno resumo dalgunhas das cousas que aprendemos este curso: a reciclaxe, o corpo humano, o Sistema Solar, a forza de gravidade, as magnitudes... Esperamos que vos guste tanto como a nós e estade atentos, seguiremos experimentando... Porque as CIENCIAS MOLAN!
2 de xuño de 2017
ALUMNA DE LA SEMANA
Hola hola chicos! ¡¡Este viernes si que hemos tenido medalla!! Se la ha ganado por TERCERA VEZ una compañera muuuuy trabajadora, ordenada, que respeta las normas e intenta que nosotros también lo hagamos. Ella es... ¡YISELA! Se ha llevado también un lápiz y una goma de Frozen... ¡MUCHAS FELICIDADES Y A SEGUIR ASÍ!
31 de maio de 2017
INFORMACIÓN IMPORTANTE DO TERCEIRO TRIMESTRE
Ola rapaces! Velaquí tedes toda a información importante sobre o trimestre que está a piques de rematar! ;)
30 de maio de 2017
MÁIS ALÁ DAS NUBES
Ola ola rapaces! Como xa sabedes, a Semana da Ciencia está a piques de comezar así que este luns, xunto cos nosos compis de 1º, camiñamos ata o auditorio para visitar a exposición "Máis ala das nubes". As nosas compañeiras de viaxe, unhas astronautas moi divertidas, recordáronnos conceptos como a gravidade, o Sistema Solar, o Sol...
Unha vez dentro da súa base espacial explicáronnos quen foi o primeiro astronauta que viaxou o espazo exterior, quen era Laika e ata presenciamos o despegue dun foguete en primeira persoa! Puidemos ver ademais como son as constelacións e ler uns libros especiais que se iluminaban na escuridade.
Tamén probamos unhas gafas en tres dimensións, coñecemos as distintas órbitas dos planetas do Sistema Solar e o tempo que tardan en dar unha volta completa ó Sol.
Contáronnos a historia do mamut que quería viaxar á Terra e nós tivemos a sorte de poder ilustrala!
Por último, visitamos a súa "biblioteca espacial" e puidemos viaxar a galaxias moi afastadas lendo. PASÁMOLO XENIAL!
Para obter máis información facede click AQUÍ.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Cuidar del medio que nos rodea es tarea de todos y cada uno de nosotros. Además ya sabemos que es una tarea de la que nos tenemos que respo...
-
Siguiendo con los talleres que estamos llevando a cabo del Programa Sí! Hoy nos tocó aprender cosas nuevas sobre cuándo se dan mejor varios...
-
Buenas tarde a tod@s: A pesar de que contáis con el horario en Edmodo y en vuestra agenda de clase, por aquí os lo dejo también por si sur...