Esta fin de semana foi o aniversario da nosa profe Antía. Así que sen que ela se enterase, decorámoslle a pizarra para felicitala. Qué sorpresa levou! Tamén lle desexamos moitos parabéns cantando en español, galego, inglés e ata en italiano! Démoslle un montón de achuchóns e regalos. Ela, a pesar de que é un pouco cascarrabias, tampouco se olvidou de nós...Tróuxonos unhas caixiñas cheas de sorpresas! Como o seu aniversario xa foi hai uns días, non soprou as candeas. Así que non sabemos cantos anos ten... Cumpriría sete ou oito? PARABÉNS PROFE!! :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario