19 de xuño de 2017

EU SOÑO

Ola rapaces! Como ben sabedes, o lema do Festival do libro deste curso foi "Sueña leyendo". É por iso que coñecemos a historia titulada Letras nos cordóns na que descubrimos que todos os soños se poden facer realidade. Se queredes botarlle unha ollada a todo o que fixemos facede click AQUÍ. Despois de coñecer o soño de Flor, a protagonista, decidimos escribir os nosos e facer un libro con eles! 
Ademais, entre as moitas cousas que aprendemos este curso, está a de compartir. Así que decidimos compartir coas nosas familias este libro tan especial. Moitas grazas pola ilusión, polo cariño e por formar parte del!







Ningún comentario:

Publicar un comentario