16 de outubro de 2017

QUEIMAN GALICIA

Ola rapaces... Hoxe é un día triste na nosa terra...As nosas fragas, bosques, aldeas e incluso parte das nosas cidades foron queimadas... É por iso que esta semana non aprenderemos unha nova palabra no noso recunchiño do galego. Esta semana solidarizámonos con todas esas persoas que tiveron que deixar o seu fogar, que loitaron contra o lume e que axudaron aos demais desinteresadamente. Porque nós queremos unha Galicia verde. Porque Galicia non arde, quéimana.



Ningún comentario:

Publicar un comentario