Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DÍA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

24 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas escolares. Para iso recordamos entre todos as normas esenciais para poder usar libros prestados. Ademais, durante estas semanas, cada neno trouxo o seu libro preferido, contounos quen é o protagonista, explicounos dende cando o ten, porque lle gusta tanto etc. Hoxe intercambiámolos para coñecer novas historias e desta forma, deixamos inaugurada a nosa biblioteca de aula. Cada semana levarémonos un libro para casa. Despois, cubriremos un rexistro del e desta forma, a final de curso, saberemos cantos libros lemos. Se é que ler é soñar esperto!