Amosando publicacións coa etiqueta SEMANA DA AUGA E DA ÁRBOIRE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SEMANA DA AUGA E DA ÁRBOIRE. Amosar todas as publicacións

23 de marzo de 2018

SEMANA DA ÁRBORE E DA AUGA

Ola ola! Estes días estivemos celebrando a Semana da árbore e da auga. A deputación de Ourense regalounos un conto titulado A invención do salgueiro en Ourensanía. Con esta bonita historia reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e do destructivos que poden ser os incendios. Ademais, xunto cos nosos compis de primeiro, elaboramos un abecedario con palabras relacionadas coa historia e coa natureza en xeral. Botádelle unha ollada a todo o que fixemos!

24 de marzo de 2017

TERCEIRA SEMANA DA AUGA E DA ÁRBORE

Ola rapaces! Estes días vimos de celebrar a terceira edición da semana da auga e da árbore. Aprendemos a importancia que teñen as árbores e a auga para a conservación do noso planeta a través de diversas actividades como cancións, poemas, lectura de historias, realización de murais... E ata plantamos dous castiñeiros! Se queredes saber todo o que fixemos botádelle un ollo á seguinte presentación! :)