Ola, ola! Este domingo, 16 de outubro, celebrouse o día
mundial da alimentación. Nós, na aula, falamos un pouco sobre qué comemos ó longo do día: no almorzo, no xantar, na merenda e na cea. Despois comparamos as nosas comidas coa pirámide alimenticia.
Unha vez feito isto, vimos un vídeo super chulo do superheroe Pepe onde nos explica como poder ser coma el.
Ademais, para pór en práctica o aprendido, cada alumno debuxou e coloreou un menú saudable formado por tres comidas.
Se queredes desfrutar e recordar o que fixemos, aquí vos deixo uns enlaces para que xoguedes:
Non deixedes de botarlle unha ollada á seguinte presentación para ver todo o que fixemos! Ata pronto :)