Ola
rapaces! Un 9 de maio de 1950, o ministro francés Schuman deu o
primeiro paso para crear o que hoxe coñecemos como Europa. É por iso que
hoxe conmemoramos este día investigando un pouco sobre distintos
aspectos do noso continente. En primeiro lugar, recordamos que é un
continente, en cal vivimos, cales son os países que o forman, onde está
España...Non podiamos olvidarnos da nosa
moeda, o euro. A pesar de que hai algún país europeo que non a usa, a
maioría deles sí. Tamén falamos do Festival de Eurovisión cuxa final se celebrará este sábado en Lisboa.
E por último e non menos importante coñecemos un pouquiño sobre o noso país veciño: PORTUGAL!