Ola rapaces! Un 9 de maio de 1950, o ministro francés Schuman deu o primeiro paso para crear o que hoxe coñecemos como Europa. É por iso que hoxe conmemoramos este día investigando un pouco sobre distintos aspectos do noso continente. En primeiro lugar, recordamos que é un continente, en cal vivimos, cales son os países que o forman, onde está España... Descubrimos que Europa está formada por nada máis e nada menos que cincuenta países! Tamén falamos das distintas linguas, bandeiras e himnos existentes e as súas orixes. Non podiamos olvidarnos da nosa moeda, o euro. A pesar de que hai algún país europeo que non a usa, a maioría deles sí. Para distinguir as moedas entre países, debemos fixarnos no seu cuño. Nós, fixemos un pequeno xogo no que intentamos averiguar a que país pertencía cada moeda. Descubrimos que os euros españois representan a catedral de Santiago, a Miguel de Cervantes, ó rei, ó acueducto de Segovia... Ademais, coñecemos as libras, moeda actual de Reino Unido, e as antigas moedas de Portugal, España e Rumanía!
Falamos tamén da sanidade europea e ata do Festival de Eurovisión cuxa final se celebrará este sábado.
Por último, coloreamos a bandeira europea e escribimos os nosos desexos.
Agardamos que vos guste... FELIZ DÍA DE EUROPA!