Ola ola rapaces! Como ben sabedes, este pasado 15 de febrero conmemoramos o día internacional contra o cancro infantil. Aprendemos un pouco sobre esta enfermidade, en qué consiste, cales son as súas consecuencias, cómo podemos axudar as persoas que a estean a sufrir... Se queredes botarlle un ollo ó que fixemos o pasado mércores facede click AQUÍ.
Unha das moitas maneiras coas que podemos colaborar é doando parte do noso cabelo. Existen numerosas asociacións que se encargan de facer perrucas económicas ou incluso totalmente gratis para persoas con cancro, xa que, como ben sabedes, as mediciñas para curar esta enfermidade fan que se perda o pelo.
Pois ben, esta semana aconteceu algo extraordinario... A mamá da nosa compañeira Wissal, sendo un claro exemplo de solidariedade, decidiu doar parte da súa melena para esta boa causa. ¡MOITÍSIMAS GRAZAS NAJAT, grazas a persoas coma ti o mundo é un lugar mellor!