23 de abril de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA DE A CARBALLEIRA!

Ola, ola rapaces... Este venres a clase de 2º inaugurou o IV Festival do Libro cunha actividade moi especial.  Xunto coa profe Rocío e a nosa orientadora, Ángeles, visitamos a biblioteca municipal de "A Carballeira". Alí, Xulio, o bibliotecario, explicounos que é unha biblioteca e como funciona.



Tamén nos convertimos nuns grandes detectives xa que tivemos que resolver varios enigmas.

.

Ademais, coñecemos a orixe da celebración do día do libro a través dun conto e a evolución da escritura dende os papiros ata o libro electrónico.


 Por último, mergullámonos nunha chea de historias...




¡FELIZ DÍA DO LIBRO!