31 de maio de 2018

CÉSAR CUMPRIU OITO ANIÑOS!

Hoxe o noso compi César cumpriu anos! Celebrámolo cantando, comendo unhas ricas lambonadas que nos trouxo e desexándolle un día xenial. MOITOS PARABÉNS CÉSAR! E que cumpras moitos máis...




21 de maio de 2018

É O ANIVERSARIO DE MARÍA!

Ola ola rapaces! Onte foi o aniversario da nosa compi María, así que o venres desexámoslle un feliz día cantando e achuchándoa. Ela trouxonos unhas chocolatinas riquiiiísimas! 
MOITOS PARABÉNS MARÍA!




17 de maio de 2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Ola rapaces! Hoxe non hai cole porque é o día da nosa lingua. Hoxe é o Día das Letras Galegas. Como ben sabedes, este ano foi adicado á escritora María Victoria Moreno, que a pesares de non ser galega, loitou pola difusión e respecto da nosa lingua a través das súas numerosas obras literarias. Botádelle unha ollada a todo o que fixemos. FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!






9 de maio de 2018

DÍA DE EUROPA

Ola rapaces! Un 9 de maio de 1950, o ministro francés Schuman deu o primeiro paso para crear o que hoxe coñecemos como Europa. É por iso que hoxe conmemoramos este día investigando un pouco sobre distintos aspectos do noso continente. En primeiro lugar, recordamos que é un continente, en cal vivimos, cales son os países que o forman, onde está España...Non podiamos olvidarnos da nosa moeda, o euro. A pesar de que hai algún país europeo que non a usa, a maioría deles sí. Tamén falamos do Festival de Eurovisión cuxa final se celebrará este sábado en Lisboa.
E por último e non menos importante coñecemos un pouquiño sobre o noso país veciño: PORTUGAL!
Agardamos que vos guste... FELIZ DÍA DE EUROPA!












4 de maio de 2018

O CARBALLO CON BOTAS

Ola ola rapaces! Grazas á Concellería de Educación do Concello de Ourense, esta semana tivemos a sorte de coñecer ao "Carballo con botas". Este contounos unha fermosa historia sobre como debemos coidar os nosos bosques. Foi xenial! Se queredes saber máis podedes visitar o seu sitio web facendo click AQUÍ.