28 de abril de 2017

CONTACONTOS CON SABELA GAGO

Ola rapaces! Esta semana, os alumnos de 2º e 3º de primaria recibimos a visita da contacontos Sabela Gago.


As protagonistas da historia, tres galiñas moi testudas, estaban sempre a pelexar por quen tiña as patas máis longas, as plumas máis suaves e a cresta máis fermosa ata que decidiron preguntarlle ao rei Fernando II.



Éste pediulles que pasasen unha proba: por un ovo para descubrir cal era o mellor.



O que non se imaxinaba o rei era que todos ían ser únicos e especiais. O primeiro era o máis branco, o segundo o máis grande e o terceiro o máis "orixinal" xa que era cadrado e de cores.  


Véndose en tal difícil situación, o rei determinou que todos eran distintos pero os mellores "na súa especialidade" así que as tres compartirían o título de raíñas do galiñeiro.


Ademais, Sabela convidounos a crear a nosa propia historia sobre como sería o noso ovo perfecto. Pola nosa banda, nós entregámoslle un pequeno agasallo e nomeámola raíña dos contacontos! Moitas grazas Sabela! Ata pronto :)








ALUMNA DE LA SEMANA

¡Hola chicos! ¡Hoy es viernes, día de medalla! En esta ocasión se la ha ganado por segunda vez nuestra compañera Malak ya que es muuuuy trabajadora, atiende siempre en clase, respeta las normas y tiene siempre ganas de aprender cosas nuevas. ¡Además le hemos regalado un sacapuntas y una regla de Hello Kitty! ¡MUCHAS FELICIDADES MALAK, A SEGUIR ASÍ!