21 de xuño de 2018

FELIZ VERÁN!

Ola ola rapaces! Hoxe tivemos unha mañá movidiña... A última deste curso! Obtivemos os diplomas por superar con éxito o certame de táboas de multiplicar, a profe Rosa regalounos unhas pulseiras con todas as táboas que nos sabemos e as profes Marta e Laura tamén recompensaron aos alumnos que traballaron con elas durante todo o curso. Tamén nos levamos a nosas carpetiñas con tooodo o material complementario feito durante estes nove meses. 






Logo,  pasamos un bo rato no patio choutando e xogando e, ao subir a aula, seguimos coa festa facendo unha merendola e bailando sen parar. Foi unha mañá estupenda!







Agora, so me queda darvos as grazas por todos estes meses, polas vosas ocurrencias, por facerme rir tanto e por deixar que aprenda tanto de vós. E que, aínda que a profe é moi refunfuñona, vaivos botar moito de menos... Moita sorte para terceiro e feliz verán!
Quérevos moito moito,
a profe Antía.


18 de xuño de 2018

TODO É UN CONTO!

Ola ola! E despois de moito ensaiar, hoxe a tarde tivemos o pracer de representar a nosa obra de teatro titulada "Todo é un conto". Agardamos que desfrutarades tanto véndoa coma nós interpretándoa. Foi xenial convertirse en actores por un día! Velaquí algunhas instantáneas desta divertida tarde:







Se queredes volver ver a obra facede click AQUÍ.

15 de xuño de 2018

VIAXAMOS AO ASTEROIDE B-612

Ola ola rapaces! Estamos na recta final do curso e é por iso que queremos compartir con vós un proxecto anual que levamos a cabo con moita ilusión. Como ben sabedes, o lema do V Festival do Libro é "Un libro, un amigo". Aproveitando esta temática, decidimos falar do que significa para nós a AMIZADE a través dun libro viaxeiro. Que mellor forma de facelo que baseándonos no libro de O principiño? Botádelle unha ollada a todo o que fixemos!

4 de xuño de 2018

CALENDARIO DE EXAMES DA TERCEIRA AVALIACIÓN

Ola rapaces! O curso está a piques de rematar! Pero antes de celebrar o comezo do verán, debemos facer un último esforzo e demostrar todo o que aprendemos este curso. Velaquí o calendario de exames que comezan esta semana. MOITA SORTE!!!!!