15 de febreiro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL

Ola rapaces! Hoxe, 15 de febreiro é o día internacional contra o cancro infantil. Na aula falamos sobre esta enfermidade e fixemos un novo amigo, Nacho, que nos explicou en qué consiste e cómo loitan contra ela, desgraciadamente, moitos nenos. Se queredes saber máis cousas sobre esta enfermidade, podedes entrar na páxina da Asociación Española Contra el Cáncer facendo click AQUÍ. Alí, atoperedes de novo a Nacho, poderedes ler contos e xogar.

Outras das cousas que aprendemos é que os tratamentos para curar esta enfermidade son moi fortes e mesmo poden facer que perdamos o pelo. Para axudar a estes nenos que teñen que pasar estes difíciles momentos existen numerosas organizacións que regalan ou facilitan a compra de perrucas naturais. Na aula visitamos estas dúas páxinas para coñecer o proceso de doazón de cabelo.

http://www.pekelucas.org/

http://www.mechonessolidarios.com/

Debemos tomar conciencia de que o pelo medra e grazas a doazóns desinteresadas podemos devolverlle o sorriso as persoas enfermas de cancro.
Por último, aprendemos que unha cor tan viva coma o amarelo é o símbolo da loita contra o cancro infantil. Así que, decidimos facer visible  a loita de todos os rapaces enfermos de cancro e enviarlles toda a nosa forza e ánimo para seguir adiante.




XUNTOS PODEMOS!