22 de decembro de 2016

BO NADAL!

E damos por rematado o primeiro trimestre! Estes meses servíronnos para coñecernos, para facer amizades, para aprender moitas cousas novas e sobre todo para convertirnos nunha gran familia! Agora, á clase de 2º, só nos queda desexarvos unhas felices festas...
BO NADAL, FELIZ NAVIDAD, MERRY CHRISTMAS, BUON NATALE!
Vémonos o día 9 ;)

ESCRIBIMOS UNHA CARTA A PAPÁ NOEL

Como ben manda a tradición, ó chegar a estas datas, debemos escribir unha carta a Papá Noel para dicirlle non só o ben que nos portamos senón tamén para pedirlle algún agasallo ou desexo. Así que onte a mañá, ó son de panxoliñas, escollemos algún que outro xoguete e expresámoslle os nosos desexos. Moitos de nós desexamos sacar moi boas notas no segundo trimestre, portarnos aínda mellor e conseguir a medalla ó mellor alumno! Pola tarde puidémoslle ler as cartas en persoa e facerlle unhas preguntiñas ó noso querido Santa! Velaquí algunhas fotiños:







Our Christmas trees will look so cool this Christmas! Look at the wonderful Gingerbread men we've done with our teacher Noelia. Aren't they nice?