Ola ola rapaces! O verán xa está aquí e iso significa despedirnos... Foi un curso cheo de aventuras e experiencias que, pouquiño a pouquiño e sen darnos conta, nos transformou nunha gran familia. Hoxe despídome de vós moi triste porque, a pesar de ser unha rosmona, vouvos botar moitiiiiiiísimo de menos e sempre levarei un anaquiño de vós no meu corazón, diso non teñades ningunha dúbida. Grazas por todos os bos momentos, os abrazos, os regalos... Grazas por ser vós! Agora toca deixarvos voar e que outra nova etapa empece. Deséxovos toda a sorte do mundo en terceiro e só vos pido unha cousa: NUNCA DEIXEDES DE SOÑAR!
Quérevos MOITO MOITO,
a profe Antía.