No día de hoxe recordamos todas as palabras que sabemos en italiano dende a semana pasada e aprendemos a saudar en varios idiomas. Para elo fixemos un xogo
moi divertido no que tiñamos que intentar acordarnos de todos!Ademáis, como algúns dos nosos compañeiros saben falar máis linguas que o
galego e o castelán, aproveitamos para que nos ensinasen a saudar en catalán, rumano e ata en árabe! Este último idioma costounos un pouco máis xa que non ten o mesmo alfabeto.Tiñamos moita curiosidade así que Wissal explicounos que en árabe escríbese de dereita a esquerda. Tamén nos ensinou no encerado varias letras e ata escribiu o seu nome. Encantounos! É que o saber non ocupa lugar… Moitas
grazas Hiago, Cristiano, Rayan, Wissal e ás vosas familias por axudarnos! Ciao ciao;)
26 de setembro de 2016
DÍA EUROPEO DAS LINGUAS
Hoxe tamén celebramos o día
europeo das linguas. A semana pasada falamos sobre a importancia de coñecer
moitos idiomas para poder comunicarnos con persoas de todo o mundo. Ademais,
repasamos cantas linguas se falan en España e fixemos unha lista de cales máis
coñecemos doutros países. Chegamos a nomear ata catorce distintas! Xunto co
resto do alumnado de Educación Infantil e Primaria, fixemos un vídeo que
podedes visualizar aquí, onde cada curso vos desexa un feliz día nun idioma
europeo.
A nós tocounos o italiano, polo
que despois de facelo enchemos o encerado con palabras que sabiamos e queriamos
aprender nesta lingua.
Igual que os españois, os
italianos xesticulan moito ó falar, así que tamén practicamos algún xesto
típico dos habitantes de Italia. Canto nos rimos!CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ADRIÁN!
Hoxe o noso compi Adri cumpre 7 anos! E como non podía ser
menos desexámoslle un feliz aniversario cantándolle en galego, en español e ata en
inglés! Moitas grazas por compartir o teu día con nós e por traernos chuchessss! Feliz cumple, parabéns, happy
birthday! A seguir así campeón!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
¡Hola hola chicos! En esta IV edición del Festival del Libro hemos realizado infinidad de actividades pero no podíamos olvidarnos de una de...
-
¡Hola, hola chicos! El IV Festival del libro ya ha empezado, es por ello que el profe Quico ha venido a visitarnos para hablar de la amista...
-
¡Hola hola chicos! Además del cumple de nuestros compis, hoy hemos conocido algo más la diabetes. ¿Pero vosotros sabéis lo qué es? ¿Por qué...