1 de novembro de 2017

É TEMPO DE SAMAÍN!

Ola ola rapaces! Durante estes días a nosa clase foise enchendo pouco a pouco de esqueletos, arañas, monstros, cabazas...Chegou o Samaín! Esta festa tamén é coñecida como Halloween, a evolución de "All Hallows' Eve" que traducido quere dicir "a víspera de todos os santos". Pero sabedes de onde vén esta celebración? Nós coñecemos a súa orixe celta e os seus costumes a través dunha fermosa historia. Tamén comemos unha morea de lambonadas e fixemos unha careta terrorífica para dar unha chea de sustos! Botádelle unha ollada a todo o que fixemos... FELIZ SAMAÍN!