30 de maio de 2017

MÁIS ALÁ DAS NUBES

Ola ola rapaces! Como xa sabedes, a Semana da Ciencia está a piques de comezar así que este luns, xunto cos nosos compis de 1º, camiñamos ata o auditorio para visitar a exposición "Máis ala das nubes".  As nosas compañeiras de viaxe, unhas astronautas moi divertidas, recordáronnos conceptos como a gravidade, o Sistema Solar, o Sol... 



Unha vez dentro da súa base espacial explicáronnos quen foi o primeiro astronauta que viaxou o espazo exterior, quen era Laika e ata presenciamos o despegue dun foguete en primeira persoa! Puidemos ver ademais como son as constelacións e ler uns libros especiais que se iluminaban na escuridade.
Tamén probamos unhas gafas en tres dimensións, coñecemos as distintas órbitas dos planetas do Sistema Solar e o tempo que tardan en dar unha volta completa ó Sol.



Contáronnos a historia do mamut que quería viaxar á Terra e nós tivemos a sorte de poder ilustrala!


Por último, visitamos a súa "biblioteca espacial" e puidemos viaxar a galaxias moi afastadas lendo.  PASÁMOLO XENIAL!
 


 Para obter máis información facede click AQUÍ.