Ola ola rapaces! Hoxe tivemos unha mañá movidiña... A última deste curso! Obtivemos os diplomas por superar con éxito o certame de táboas de multiplicar, a profe Rosa regalounos unhas pulseiras con todas as táboas que nos sabemos e as profes Marta e Laura tamén recompensaron aos alumnos que traballaron con elas durante todo o curso. Tamén nos levamos a nosas carpetiñas con tooodo o material complementario feito durante estes nove meses.
Logo, pasamos un bo rato no patio choutando e xogando e, ao subir a aula, seguimos coa festa facendo unha merendola e bailando sen parar. Foi unha mañá estupenda!
Agora, so me queda darvos as grazas por todos estes meses, polas vosas ocurrencias, por facerme rir tanto e por deixar que aprenda tanto de vós. E que, aínda que a profe é moi refunfuñona, vaivos botar moito de menos... Moita sorte para terceiro e feliz verán!
Quérevos moito moito,
a profe Antía.