6 de xuño de 2017

CALENDARIO EXAMES TERCEIRO TRIMESTRE

Ola ola rapaces! Aquí vos deixo o calendario de exames do terceiro trimestre. A estudaarrrr!




SOMOS CIDADÁNS DO MUNDO!

Ola rapaces!! A semana da Ciencia xa comezou e nós non paramos de investigar e aprender novas cousas. Hai un mes, polo día de Europa, falamos sobre os distintos euros dalgúns países europeos. Aprendemos a coñecer o ano de fabricación e o país de orixe de cada moeda simplemente observándoas! Pois ben, durante estas semanas non deixamos de coñecer máis moedas de todas as partes do mundo!
Serxio tróuxonos o libro onde garda todas as moedas que el e o seu pai coleccionan. Moitas grazas!!



Aprendemos un pouco máis sobre Marrocos grazas a Malak e Wissal.


Luis e Nene ensináronnos unhas moedas preciosas de Malasia e Senegal.


Tamén tivemos a sorte de coñecer os Leu de Rumanía e a antiga moeda de Alemaña.


Fernando, David e Paolo faláronnos sobre os pesos de Colombia e os Bolívares de Venezuela. Aprendemos ademais quen era Simón Bolívar!


Coñecemos as libras de Escocia e de Inglaterra. GREAT! 


Por último, investigamos sobre os dólares de EEUU e Canadá!


 Se é que somos cidadáns do mundo!