26 de setembro de 2016

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Hoxe tamén celebramos o día europeo das linguas. A semana pasada falamos sobre a importancia de coñecer moitos idiomas para poder comunicarnos con persoas de todo o mundo. Ademais, repasamos cantas linguas se falan en España e fixemos unha lista de cales máis coñecemos doutros países. Chegamos a nomear ata catorce distintas! Xunto co resto do alumnado de Educación Infantil e Primaria, fixemos un vídeo que podedes visualizar aquí, onde cada curso vos desexa un feliz día nun idioma europeo. 
A nós tocounos o italiano, polo que despois de facelo enchemos o encerado con palabras que sabiamos e queriamos aprender nesta lingua. 
Igual que os españois, os italianos xesticulan moito ó falar, así que tamén practicamos algún xesto típico dos habitantes de Italia. Canto nos rimos!






Ningún comentario:

Publicar un comentario