Ola, ola! Estes días non deixamos de ver morcegos, arañas, esqueletos, cabazas e monstros por todas partes! Na nosa aula, apareceron dúas arañas moi mansiñas, así que decidimos acollelas e bautizalas como "Spider" e "Peludita".
Coas profes Noelia e Andrea, falamos do Halloween, aprendemos cancións en inglés e fixemos unhas terroríficas máscaras de morcegos.
Non deixamos de escoitar as palabras Halloween e Samaín pero non tiñamos moi claro se era o mesmo así que nos puxemos mans á obra!
Comezamos escoitando atentamente a historia que nos conta Loretta Birott Bermejo en O noso Samaín. Entre as moitas cousas que descubrimos, destacamos que Halloween e Samaín teñen unha orixe común; ámbalas dúas marcaban o inicio do outono e a volta (por unhas horas) das persoas que xa non están con nós.
Ademais, fixemos un pequeno xogo e comemos lambonadas!
Pola tarde, grazas á axuda das profes Rocío e Yésica, disfrazámonos de cabazas e démoslles chuches ós nenos de infantil. E por se isto fose pouco, a mamá de Serxio, fíxonos unha tarta xeniaaal!! Pasámolo de medo!
FELIZ SAMAÍN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario