Ola ola! Todos os anos celebramos o día 30 de xaneiro o día escolar da paz e da non violencia xa que é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, avogado e político hindú que loitou pola paz. A clase de 2º fixemos unhas pombas cunha preciosa mensaxe, tamén colaboramos na elaboración dun mural co resto de compañeiros de primaria e ata aprendemos unha fermosa canción coa nosa profe de música, que logo cantamos todos xuntos. E non o esquezades: QUE A PAZ SEXA UNHA REALIDADE E NON TAN SÓ UN DESEXO!
Moitas grazas profe María José! Se queredes volver escoitar a canción facede click AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario