Ola rapaces! Esta semana, os alumnos de 2º e 3º de primaria recibimos a visita da contacontos Sabela Gago.
As protagonistas da historia, tres galiñas moi testudas, estaban sempre a pelexar por quen tiña as patas máis longas, as plumas máis suaves e a cresta máis fermosa ata que decidiron preguntarlle ao rei Fernando II.
Éste pediulles que pasasen unha proba: por un ovo para descubrir cal era o mellor.
O que non se imaxinaba o rei era que todos ían ser únicos e especiais. O primeiro era o máis branco, o segundo o máis grande e o terceiro o máis "orixinal" xa que era cadrado e de cores.
Véndose en tal difícil situación, o rei determinou que todos eran distintos pero os mellores "na súa especialidade" así que as tres compartirían o título de raíñas do galiñeiro.
Ademais, Sabela convidounos a crear a nosa propia historia sobre como sería o noso ovo perfecto. Pola nosa banda, nós entregámoslle un pequeno agasallo e nomeámola raíña dos contacontos! Moitas grazas Sabela! Ata pronto :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario