26 de setembro de 2017

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Ola rapaces! Como ben sabedes, cada 26 de setembro celebramos o Día Europeo das linguas xa que debemos valorar a riqueza lingüística tanto do noso país coma do noso continente, Europa. Se queredes saber máis sobre este día ou incluso por a proba os vosos coñecementos sobre linguas facede click AQUÍ.
A clase de segundo, xunto cos compis de infantil e primaria, elaboramos un precioso mural no que podedes ver a bandeira de nove países distintos de Europa. Nós fixemos a de Portugal, un país que temos ben preto pero que coñecemos en realidade? Con esta pregunta rondándonos pola cabeza comezamos a facernos unha chea de preguntas que ó final fomos resolvendo! Botádelle unha ollada a todo o que fixemos! FELIZ DÍA EUROPEO DAS LINGUAS!



Ningún comentario:

Publicar un comentario