Ola ola! Onte tivemos a sorte de ir a biblioteca de A Carballeira de excursión! Unha vez alí, poidemos comprobar que nas bibliotecas non só hai libros, aprendemos a evolución da escritura e ata protagonizamos unha obra de teatro. Botádelle unha ollada a todo o que aprendemos!
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIONES b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EXCURSIONES b>. Amosar todas as publicacións
25 de abril de 2018
21 de decembro de 2017
LAS PRINCESAS ATREVIDAS DE GLORIA FUERTES
Ola rapaces! Hoxe, xunto cos nosos compañeiros de primeiro e terceiro, visitamos A Fundación de Abanca para asistir á un obra de teatro titulada Las princesas atrevidas de Gloria Fuertes. Encantounos! Velaquí algunhas imaxes:
24 de outubro de 2017
VISITAMOS ¡H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA NA TÚA CIDADE
Ola rapaces! Hoxe a mañá dirixímonos ó Xardín do Posío para ver unha exposición da Fundación La Caixa e Viaqua titulada ¡H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA NA TÚA CIDADE. Imaxinades de que puido tratar?
Unha vez alí, Andrea, a monitora, explicounos que o planeta Terra tamén se chama planeta azul pola cantidade de auga que ten, falamos un pouco da orixe dos distintos seres vivos e da importancia que tivo a auga para dito proceso.
Andrea preguntounos se sabiamos canta auga temos no noso corpo e como non o sabiamos comprobámolo directamente! Máis da metade do noso corpo é auga... ALUCINANTE!
A auga é algo que está presente no noso día a día, pero sabedes canta se gasta cunha simple ducha? Ou cada vez que imos ó baño? MOITA!
Temos a sorte de que cada vez que abrimos a billa sae a auga, pero como chega ata aí? E como se facía no pasado? Pois ben, Andrea falounos dos romanos e ademais explicounos o complexo sistema de acantarillado da nosa cidade.
Canta auga pensades que se gasta para facer uns pantalóns? E conseguir unha mazá? A través dun divertido xogo obtivemos de novo a mesma resposta: MOITA!
Se queredes repasar o aprendido ou saber máis cousas podedes visitar a exposición de xeito gratuito ata o día 9 de novembro e non vos esquezades... AFORREMOS AUGA!
30 de maio de 2017
MÁIS ALÁ DAS NUBES
Ola ola rapaces! Como xa sabedes, a Semana da Ciencia está a piques de comezar así que este luns, xunto cos nosos compis de 1º, camiñamos ata o auditorio para visitar a exposición "Máis ala das nubes". As nosas compañeiras de viaxe, unhas astronautas moi divertidas, recordáronnos conceptos como a gravidade, o Sistema Solar, o Sol...
Unha vez dentro da súa base espacial explicáronnos quen foi o primeiro astronauta que viaxou o espazo exterior, quen era Laika e ata presenciamos o despegue dun foguete en primeira persoa! Puidemos ver ademais como son as constelacións e ler uns libros especiais que se iluminaban na escuridade.
Tamén probamos unhas gafas en tres dimensións, coñecemos as distintas órbitas dos planetas do Sistema Solar e o tempo que tardan en dar unha volta completa ó Sol.
Contáronnos a historia do mamut que quería viaxar á Terra e nós tivemos a sorte de poder ilustrala!
Por último, visitamos a súa "biblioteca espacial" e puidemos viaxar a galaxias moi afastadas lendo. PASÁMOLO XENIAL!
Para obter máis información facede click AQUÍ.
8 de maio de 2017
PEREGRINAMOS A LA IGLESIA DE FÁTIMA
¡Hola chicos! Esta tarde los alumnos de religión de educación primaria hemos caminado hasta la iglesia de Fátima del barrio de O Couto. Como todos sabéis, mayo es el mes de nuestra "madre". Por eso, hemos ido para honrar a la Virgen María. Una vez allí, estuvimos súper atentos en todo momento... Acompañados por nuestro coro y su directora, María José, hemos cantado y le hemos dedicado unas hermosas palabras y ofrendas a la Virgen. Además, hemos sido afortunados al disfrutar de la compañía de nuestro profe Adolfo y Doña Angelita.
Muchas gracias a Don César, el párroco de la iglesia y a la profe Rocío por organizar esta salida. ¡Nos ha encantado!
23 de abril de 2017
VISITAMOS A BIBLIOTECA DE A CARBALLEIRA!
Ola, ola rapaces... Este venres a clase de 2º inaugurou o IV Festival do Libro cunha actividade moi especial. Xunto coa profe Rocío e a nosa orientadora, Ángeles, visitamos a biblioteca municipal de "A Carballeira". Alí, Xulio, o bibliotecario, explicounos que é unha biblioteca e como funciona.
Tamén nos convertimos nuns grandes detectives xa que tivemos que resolver varios enigmas.
Ademais, coñecemos a orixe da celebración do día do libro a través dun conto e a evolución da escritura dende os papiros ata o libro electrónico.
¡FELIZ DÍA DO LIBRO!
5 de abril de 2017
CONCERTO DIDÁCTICO ACÁBATE LA SOPA
Ola rapaces! Hoxe a mañá as clases de 1º, 2º e 3º de primaria dirixímonos ó auditorio a desfrutar do concerto didáctico "Acábate la sopa" organizado pola Concellería de Educación do concello de Ourense. Unha vez alí, estabamos desexando que comezase... Como sería o concerto? Estivemos moi atentos en todo momento... A protagonista, Muriel, viviu un montón de aventuras na súa cociña e cunha cunca de sopa. PASÁMOLO XENIAL!
22 de marzo de 2017
COÑECEMOS QUÉ É O DANO CEREBRAL ADQUIRIDO
Ola ola rapaces! Esta semana fixemos unha pequena saída ata a sede de Afundación na praza Maior para visitar unha exposición fotográfica organizada pola Asociación de Dano Cerebral Adquirido Renacer en Ourense. Unha vez alí, aprendemos que cada rexión do cerebro serve para unha cousa: falar, durmir, recordar... Toda esa información se "transmite" a través das conexións neuronais. Pero imaxinádesvos que pasaría se unha neurona se solta da súa compañeira? A conexión neuronal romperíase e poderíamos ter dificultades na fala, na xestión dos sentimentos, no movemento do corpo... É o que coñecemos como dano cerebral adquirido (DCA). Incrible!
Despois de ver fotografías feitas por persoas con dano cerebral, coloreamos o noso propio cerebro.
Xa na aula, lemos a historia "El cazo de Lorenzo" na que un neno con DCA nos explica como conseguiu loitar e seguir adiante a pesar das dificultades coas que se atopa diariamente.
Ademais, vimos a curtametraxe titulada "Cuerdas" na que aprendemos que a amizade non ten límites.
Por último, falamos da importancia de protexer o noso cerebro usando casco cando andamos en bici ou en moto, poñendo o cinturón no coche, baixando as escaleiras de unha en unha e mesmo sentándonos ben nas cadeiras. Todo para que as nosas neuronas sigan a traballar tanto como ata agora!
Animádesvos a saber máis? Pois non deixedes de ver todo o que fixemos!
Despois de ver fotografías feitas por persoas con dano cerebral, coloreamos o noso propio cerebro.
Xa na aula, lemos a historia "El cazo de Lorenzo" na que un neno con DCA nos explica como conseguiu loitar e seguir adiante a pesar das dificultades coas que se atopa diariamente.
Ademais, vimos a curtametraxe titulada "Cuerdas" na que aprendemos que a amizade non ten límites.
Por último, falamos da importancia de protexer o noso cerebro usando casco cando andamos en bici ou en moto, poñendo o cinturón no coche, baixando as escaleiras de unha en unha e mesmo sentándonos ben nas cadeiras. Todo para que as nosas neuronas sigan a traballar tanto como ata agora!
Animádesvos a saber máis? Pois non deixedes de ver todo o que fixemos!
28 de setembro de 2016
SALIDA ILUSIONISMO, ¿MAGIA O CIENCIA?
¡Hola! Hoy hemos ido al Jardín del Posío a ver una exposición de la Obra Social La Caixa titulada "Ilusionismo, ¿magia o ciencia? En un primer momento, nuestra monitora Lucía nos explicó qué es el ilusionismo y nos preguntó qué tiene que ver con la magia y con la ciencia. A continuación, pudimos observar una réplica de un cerebro adulto. ¡Nos asombramos de lo pequeño que es! También comprobamos con varios experimentos y juegos cómo los sentidos, en especial la vista, engañan a nuestro cerebro. ¡Y es que no todo es lo que parece! La exposición es gratis y estará abierta mañana y tarde hasta noviembre. ¡No os la perdáis!
Aquí os dejamos una presentación de algunas de las cosas que hemos hecho. Esperamos que os guste. Hasta pronto ;)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Cuidar del medio que nos rodea es tarea de todos y cada uno de nosotros. Además ya sabemos que es una tarea de la que nos tenemos que respo...
-
Como muchos de vosotr@s sabréis, nuestro cole forma parte del Programa Sí!, una iniciativa cuyo objetivo principal es fomentar hábitos de v...
-
Siguiendo con los talleres que estamos llevando a cabo del Programa Sí! Hoy nos tocó aprender cosas nuevas sobre cuándo se dan mejor varios...