Ola ola! Estes días estivemos celebrando a Semana da árbore e da auga. A deputación de Ourense regalounos un conto titulado A invención do salgueiro en Ourensanía. Con esta bonita historia reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e do destructivos que poden ser os incendios. Ademais, xunto cos nosos compis de primeiro, elaboramos un abecedario con palabras relacionadas coa historia e coa natureza en xeral. Botádelle unha ollada a todo o que fixemos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario