26 de outubro de 2020

COÑECEMOS O NOSO CORPO MÁIS A FONDO

Como é o noso corpor por dentro? 


Que forma exacta teñen os nosos ósos? 


É posible facer unha fotografía do interior do noso corpo?


Como se fai e quen pode facelo?

 

...

Na sesión de Ciencias da Natureza do pasado venres 23 de outubro démoslle resposta a todas estas cuestións e a moitas outras relacionadas co noso esqueleto. 

Non hai nada mellor que apoiar o noso propio aprendizaxe na experiencia. Por esa mesma razón, tivemos a oportunidade de manipular (seguindo as normas de hixiene aconselladas por mor da COVID-19) diferentes radiografías e locarlizar nelas os ósos que xa coñecemos.

Invitamos a todo aquel que nos queira mandar fotos de actividades ou materiais que teña na súa casa e que lle axuden a saber máis do corpo humano. Estaremos encantados de recibilas no correo segundoprimaria.feijoozorelle@gmail.com. 

Desexámosvos unha moi boa semana a todos !

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario