Ola ola! Dende hai semanas a nosa clase foise enchendo de serpentina, antifaces, cores... É tempo de entroido! Se queredes ver que ben o pasamos non deixedes de ver o seguinte vídeo. FELIZ ENTROIDO! A desfrutar!!
Ola ola rapaces! Aquí vos deixo un resumo do noso entroido, cheo de color, ilusión e gañas de compartir a alegría destes días con todos. FELIZ ENTROIDO!
Ola rapaces! Como ben sabedes, é tempo de entroido. Unha das cousas polas que é coñecida Ourense e a gran tradición que ten esta festa en varios puntos da provincia. Esta semana adentrámonos no Entroido máis longo de Galicia, nada máis e nada menos que cinco semanas! Trátase do entroido de Xinzo de Limia, se queredes saber todo o que aprendemos botádelle unha ollada a este vídeo:
Ademais, este venres veunos visitar á aula unha pantalla, o traxe típico do entroido limián. Poidemos vela en persoa, tocala e descubrir a orixe e o porqué desta máscara. VIVA O ENTROIDO!