26 de setembro de 2016

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Hoxe tamén celebramos o día europeo das linguas. A semana pasada falamos sobre a importancia de coñecer moitos idiomas para poder comunicarnos con persoas de todo o mundo. Ademais, repasamos cantas linguas se falan en España e fixemos unha lista de cales máis coñecemos doutros países. Chegamos a nomear ata catorce distintas! Xunto co resto do alumnado de Educación Infantil e Primaria, fixemos un vídeo que podedes visualizar aquí, onde cada curso vos desexa un feliz día nun idioma europeo. 
A nós tocounos o italiano, polo que despois de facelo enchemos o encerado con palabras que sabiamos e queriamos aprender nesta lingua. 
Igual que os españois, os italianos xesticulan moito ó falar, así que tamén practicamos algún xesto típico dos habitantes de Italia. Canto nos rimos!






CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE ADRIÁN!

Hoxe o noso compi Adri cumpre 7 anos! E como non podía ser menos desexámoslle un feliz aniversario cantándolle en galego, en español e ata en inglés! Moitas grazas por compartir o teu día con nós e por  traernos chuchessss! Feliz cumple, parabéns, happy birthday! A seguir así campeón!!



23 de setembro de 2016

BENVIDO OUTONO

Ola ola!!! Esta semana cambiamos de estación… Chegou o outono! Para darlle a benvida fixemos uns ourizos con barro e pipas super chuuuuulis! Aquí vos deixamos unhas fotiños para que vexades qué ben nos quedaron. A desfrutar da fin de semana e ata o luns! ;)








17 de setembro de 2016

A NOSA PRIMEIRA SEMANA

Ola ola! A clase de segundo tivo unha semana moi atarefada! Aquí vos deixamos unha pequena presentación onde podedes ver todo o que fixemos. Esperamos que vos guste tanto como a nós... Boa fin de semana e ata o luns ;)

10 de setembro de 2016

UN NOVO CURSO ESTÁ A COMEZAR!

En segundo xa temos todo listo para dar inicio a un novo curso! Agardámosvos o luns as 9 da mañá coas pilas ben cargadiñas!!! A profe Antía.





29 de xuño de 2016

GAÑADORES DO XORNAL ESCOLAR

Este mércores saiu publicado na Región os gañadores do Xornal Escolar, polo que aparece publicado o noso traballo de 2º de Educación Primaria como gañadores da nosa categoría. 
Noraboa a todos rapaces!

24 de xuño de 2016

¡¡¡ FELIZ VERANO A TODOS !!!

Un año más se acabó el curso y con él toca decir adiós pero... nunca será un adiós, ya que cada uno de vosotros pasaréis a formar parte de mis recuerdos y todos tendréis un lugar reservado en mi corazón ya que con vosotros he compartido incontables historias, experiencias y vivencias que me han hecho crecer. Gracias a todos por vuestra alegría, vuestra inocencia y vuestra cariño.