5 de xuño de 2017

A III SEMANA DA CIENCIA ACABA DE COMEZAR!

Ola ola rapaces! A III edición da Semana da Ciencia acaba de comezar! Uns días cheos de actividades diversas como obradoiros, olimpiadas, experimentos científicos... Podedes consultar o programa AQUÍ.
Nós dámoslle a benvida cun mural que podedes ver na entrada do cole xunto con moitos outros traballos dos nosos compis. Nel fixemos un pequeno resumo dalgunhas das cousas que aprendemos este curso: a reciclaxe, o corpo humano, o Sistema Solar, a forza de gravidade, as magnitudes... Esperamos que vos guste tanto como a nós e estade atentos, seguiremos experimentando... Porque as CIENCIAS MOLAN!



2 de xuño de 2017

ALUMNA DE LA SEMANA

Hola hola chicos! ¡¡Este viernes si que hemos tenido medalla!! Se la ha ganado por TERCERA VEZ una compañera muuuuy trabajadora, ordenada, que respeta las normas e intenta que nosotros también lo hagamos. Ella es... ¡YISELA! Se ha llevado también un lápiz y una goma de Frozen... ¡MUCHAS FELICIDADES Y A SEGUIR ASÍ!


31 de maio de 2017

INFORMACIÓN IMPORTANTE DO TERCEIRO TRIMESTRE

Ola rapaces! Velaquí tedes toda a información importante sobre o trimestre que está a piques de rematar! ;)

30 de maio de 2017

MÁIS ALÁ DAS NUBES

Ola ola rapaces! Como xa sabedes, a Semana da Ciencia está a piques de comezar así que este luns, xunto cos nosos compis de 1º, camiñamos ata o auditorio para visitar a exposición "Máis ala das nubes".  As nosas compañeiras de viaxe, unhas astronautas moi divertidas, recordáronnos conceptos como a gravidade, o Sistema Solar, o Sol... 



Unha vez dentro da súa base espacial explicáronnos quen foi o primeiro astronauta que viaxou o espazo exterior, quen era Laika e ata presenciamos o despegue dun foguete en primeira persoa! Puidemos ver ademais como son as constelacións e ler uns libros especiais que se iluminaban na escuridade.
Tamén probamos unhas gafas en tres dimensións, coñecemos as distintas órbitas dos planetas do Sistema Solar e o tempo que tardan en dar unha volta completa ó Sol.



Contáronnos a historia do mamut que quería viaxar á Terra e nós tivemos a sorte de poder ilustrala!


Por último, visitamos a súa "biblioteca espacial" e puidemos viaxar a galaxias moi afastadas lendo.  PASÁMOLO XENIAL!
 


 Para obter máis información facede click AQUÍ.

26 de maio de 2017

QUE É A GRAVIDADE?

Ola rapaces! A Semana da Ciencia está a volta da esquina e nós non deixamos de facernos preguntas! Xa levamos varias semanas descubrindo as estrelas, os planetas... E esta semana aprendemos que é a forza da gravidade, como e quen a descubriu e que influencia ten sobre o Sistema Solar. Todo foi moito máis doado grazas ós compis de quinto e sexto que nos deixaron unha das súas impresionantes maquetas! FOI XENIAL!







BOA FIN DE SEMANA RAPACES!

22 de maio de 2017

AXUDAS DO CONCELLO PARA COMEDOR

Boas rapaces! O Concello de Ourense acaba de convocar axudas para libros e comedor para a etapa de Educación Infantil e axudas para comedor destinadas a Educación Primaria e ESO. Tedes ata o 7 de xuño para presentar a vosa solicitude! Para máis información visitade a páxina do Concello na área de asuntos sociais. Podedes entrar directamente facendo click AQUÍ.
¡Que teñades unha boa semana! :)

19 de maio de 2017

ALUMNO DE LA SEMANA

¡Hola hola chicos! Este viernes ha ganado su segunda medalla un alumno que sabe ser buen compañero, es muy trabajador y respeta las normas y a sus compañeros... ¡RAYAN!¡MUCHIIIIIÍSIMAS FELICIDADES CAMPEÓN, A SEGUIR ASÍ!