Ola, ola rapaces... Este venres a clase de 2º inaugurou o IV Festival do Libro cunha actividade moi especial. Xunto coa profe Rocío e a nosa orientadora, Ángeles, visitamos a biblioteca municipal de "A Carballeira". Alí, Xulio, o bibliotecario, explicounos que é unha biblioteca e como funciona.
Tamén nos convertimos nuns grandes detectives xa que tivemos que resolver varios enigmas.
Ademais, coñecemos a orixe da celebración do día do libro a través dun conto e a evolución da escritura dende os papiros ata o libro electrónico.
¡FELIZ DÍA DO LIBRO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario