24 de outubro de 2017

VISITAMOS ¡H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA NA TÚA CIDADE

Ola rapaces! Hoxe a mañá dirixímonos ó Xardín do Posío para ver unha exposición da Fundación La Caixa e Viaqua titulada ¡H2OH! OS SEGREDOS DA AUGA NA TÚA CIDADE. Imaxinades de que puido tratar?
Unha vez alí, Andrea, a monitora, explicounos que o planeta Terra tamén se chama planeta azul pola cantidade de auga que ten, falamos un pouco da orixe dos distintos seres vivos e da importancia que tivo a auga para dito proceso.


Andrea preguntounos se sabiamos canta auga temos no noso corpo e como non o sabiamos comprobámolo directamente! Máis da metade do noso corpo é auga... ALUCINANTE!


A auga é algo que está presente no noso día a día, pero sabedes canta se gasta cunha simple ducha? Ou cada vez que imos ó baño? MOITA!


Temos a sorte de que cada vez que abrimos a billa sae a auga, pero como chega ata aí? E como se facía no pasado? Pois ben, Andrea falounos dos romanos e ademais explicounos o complexo sistema de acantarillado da nosa cidade.


Canta auga pensades que se gasta para facer uns pantalóns? E conseguir unha mazá? A través dun divertido xogo obtivemos de novo a mesma resposta: MOITA!


Se queredes repasar o aprendido ou saber máis cousas podedes visitar a exposición de xeito gratuito ata o día 9 de novembro e non vos esquezades... AFORREMOS AUGA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario